jueves, 1 de noviembre de 2007

The Unit

Estes días tiven a oportunidade de de ver na sexta algúns capítulos da serie esta.  Quedeime cos ollos como platos.  É a cousa máis alucinante que vin en tempo.  Aparte de fascista (non vou a decir que encuberto, porque nin sequera se molestan moito en encubrir), é un producto propagandístico casi perfecto.  a serie en cuestión trata dunha especie de unidade ultra secreta do exército ianqui (algo así como os Delta Force) que se dedica a faser misións encubertas que calquera consideraría de guerra en países “malosos”.  Hasta ahí nada novo.  Xa o temos visto.  e tampouco é que se pasen tres pueblos, que o fan, porque outros tamén o fan, volvo a decir, neste aspecto nada novo.  A diferencia é que non maquillan certos aspectos que a calquera que non tivese o sentido da xustiza e humanidade ofuscado ola FOX news lle horrorizaría.  A min polo menos ponme os pelos de punta.  E ademáis o seu marcado tono propagandístico que faría as delicias do Reichspropagandaminister Joseph Göbbels.  Explícome:

1 O soldado americano como o máximo expoñente da ciudadanía americana.  A serie fai unha clara distinción entre “civiles” que á súa vez se dividen en dous: “pacíficos”que están ahí de decorado de fondo e “traidores antiamericanos (enténdase liberales) ou “delincuentes” que serven para facer un retrato do enemigo externo.  E polo outro lado están os militares e as súas esposas.  Sóe haber duas tramas na serie, unha é a que sucede na casa, cas esposas de protagonistas nas que os normalmente “traidores” e “delincuentes” fan das súas e os “militares arreglan o deaguisado ca casual intervención de algún “pacífico”.  A outra é cando os cowboys sáen por ahí de farra matando malos.

Mensaxe 1 de Georgie:  Alístate ó exército

2 A xerarquía.  Aquí xa se complica a cousa.  Hay un dualismo que si un se fixa ben está moi xustificado.  Por un lado está a obediencia cega ós mandos da “unidad”, ó jefazo da da base e ó coronel que é o que manda cando están por ahí “desplegados” (como me gusta este palabro).  Estes fan e desfan na vida privada dos seus homes.   Pero a que máis corta é a gorda, copia de Oprah Winfrey, muller do susosdito coronel que controla ó dedillo a vida de tódalas outras esposas e adoctrínaas no cega obediencia á unidade.  Vamos, cadena de mando.  Todo moi ben.  O curioso ven cando se sobrepasao o nivel de mando cara arriba, o alto mando.  Ahí son todos uns jilipollas que non saben o que é andar por Irak cunha metralleta.  Eso exténdese á CIA e ó FBI.  Claro que non lles cuestionan o porqué teñen que ir os sitios e faser cousas.  Porque eso xa se supón que é deber patriótico que ven de arriba de todo (Georgie?).  O que fan é mandar ós superiores á merda cando lles votan a pirula por entrar como elefantes na cacharrería.  En casi todos os capítulos o xefe engaña ou manda a freir espárragos ós xenerales que lles veñen a pedir contas polas animaladas que fan.  Por suposto os xenerales son uns fulanos estirados de West-Point da alta sociedad que nunca pisaron un campo de batalla.  Mentres que os soldados e os mandos intermedios son do povo chan.  Os mandos intemedios son uns seres venerables cheos de humanidade e sentido común que estiveron na primeira guerra do golfo ou incluso na de Vietnam.

Mensaxe 2 de Georgie:  Cando te alistes, obedece, e non fagas caso cando desimos que non se poden faser animaladas.  Eso só é para que os europeos estén tranquilos.  Cando fagades satanadas, xa vos cubrirá o voso inmediato superior.

Mensaxe 2.bis de Georgie:  Este é o teu exército, o do home pequeno.

3 Maquiavelismo.  Os malos malosos:  Irak, Afghanistan, Iran.  Todo xira en torno a esto.  Ocasionalmente van a corea ou ó caucaso , pero o triángulo é básicamente este.  Son todos malos sin absolutamente ningunha fisura, torturan, matan pola espalda e fan sufrir por pura maldad aínda que non saquen ningún beneficio.  Esto era de esperar.  A novidade está en que eles non son absolutamente bós.  Explícome con un exemplo.  O outro día nun capítulo van por un camiño de cabras por Iran co unha camioneta.  Atravésaselle un pastorcillo cun mancho de cabras, un chavalín de idade indefinida entre neno e adolescente.  O fulano para deixar pasar o camión rápido e apartar as cabras, pídelle cartos, como non lle dan abondo, o rapas curiosea e na parte de atrás descubre ós soldados americanos.  O rapás acojónase e escapa a correr un dos da camioneta péjalle un tiro pola espalda.  Pensei eu: ahora para quedar ben os americanos caeráselle o pelo ó fulano.  Pero nada de ná.  fixestes ben soldado.  Comprometía a misión.  Non se pode ser blando.  (Recordo que un soldado das SS dixera unha vez en xuízo que: “non se podía ser blando na rampa de Auschwitz”)  O máis acojonante é que no siguiente plano aparecen as esposas tomando café e comendo pastelitos.  Tócate los guevos

Mensaxe 3 de Georgie:  Os malos son moi malos, non hai que amilanarse.  Habrá que facer cousas como estas pola libertade.

4 Relixion Outra vez, mellor cun exemplo.  Nun capítulo a gorda cómelle a orella para rezar á filla de un dos subordinados do seu marido.  A muller do soldado mosquéase porque non sei quen lle morreu de maneira chunga e xa non cree, así que lle pon as pilas á gorda e dille, pois eso, que non se lle poña a comer a orella á nena.  A gorda cede e promételle que non vai volver a adoctrinar á rapasiña.  Ata ahí todo ben.  O rollo é que ó pouco venlle con unha especie de predicadora para que volva ó redil.  Ela resístese pero ó final, cando está acojonada por si lle marido que anda por ahí pegando tiros en baluchistán reza, e cual filla pródiga, volve ó redil.  NON HAY ESCAPATORIA.

Mensaxe 4 de Georgie: A dios rogando y con el mazo dando.

0 comentarios:

Fotos Do dia