miércoles, 2 de junio de 2010

A culpa e de ZP

Hoxe doume conta da fraxilidade da memoria colectiva, e preguntome como foi posible que os axentes economicos e politicos lle deran a volta a tortilla a que todo o mundo
asuma que o culpable da crise son os distintos gobernos, xa demos un salto cando lle
quixeron carga-la culpa os Traballadores. As amenazas de folga xeral fixeron recuar a
gobernos tales como Sarkosilandia, e aprazaronse reformas laborais de calado.
O que acontece estos dias cos cambios de postura do goberno español vai mais alo de sinxelas contradicions de ZP, explicome;
O modelo economico que fallaba era o basado nos postulados neoliberais, que no principio da crise todo o mundo se dou conta que necesitaba un cambio profundo, falouse incluso dun novo Bretton Woods, as respostas dalguns gobernos entre eles o de España foron solucions Keynesianas de tipo Aumento de Gasto Publico(G) para elevala Demanda Agregada (DA=C+I+ G+(X-M)) e mais regulacion.
Os mercados obviamente non estaban de acordo, ainda que isto e algo que xa sabiamos antes de aplica-las medidas.
Non sei si estaban o que estaban pero os distintos gobernos da Eurozona cas constantes meteduras de gambas deronlle alas a un mercado falto de credibilidade para endereza-lo rumbo e leva-las distintas politicas economicas as teses Neoliberais.
Estamos asistindo a perda de soberania dos gobernos para aplicar a politica economica que crean adecuada, e estamos volvendo os mismos erros que provocaron "todo"

Fotos Do dia