viernes, 17 de octubre de 2008

Mini ensayo sobre a economia

Bueno, vou a pasar de caralladas e ir directamente ó grano.  Vou a partir de 0. Absolutamente de 0.  E vou a pasar (casi) totalmente de todo o que se fixo hasta ahora; nin adam smith nin marx nin escola austríaca nin keynes, nin moito menos milton friedman vou a faser como que non sei nada deles, porque xa hai xente que os coñece moito mellor ca eu, que non son economista.

Partamos pois dende o punto de un observador que saca unhas conclusions do que un ve actualmente, sin ter en conta o que escoita, na medida de que esto sexa posible. 

Repito, que non son economista, así que se repito algo que xa se dixo fai 50 anos, que é moi posible, pois podedes achacalo á miña ignorancia, eso non me importa, o rollo é que non me desvíe por deformacions provocadas por teorías de outros, é decir que non me encasille doctrinariamente, como fan moitos que dedican a súa vida a defender o que aprendeu na facultad.

Vaiamos, antes de definir o que é o mercado, que é unha cousa complicada, ainda que hai aljún capullo que é capas de definilo con 4 palabros, a definir os xogadores.

Os xogadores deben ser pois parte de un xogo, así que definimos provisionalmente o mercado como un xogo.

Se entendemos que o mercado é unha “cousa” na que se compran e venden productos que son manufacturados por un axente que é a empresa, na que uns actores venden a sua forza de traballo que necesita a empresa para a súa manufactura ou producción, xerando un valor añadido (que se embolsa); e outros actores que mercan estes productos. 

Hai pois, según observo, 3+1 xogadores, xogadores que non se deben entender como individuos, senón como situacións ou actuadores.  Pero si que debemos entender como individuos ós “habitantes” destes Xogadores, salvo o 4, o goberno que é un caso especial.

Estes son:

A Empresa:  Paso de definición, que xa sabedes todos o que é

O Consumidor:  Pois tamén paso

O Traballador:  Eculicuá

E o Bonus track:

O Goberno:  Remítome a Aristóteles para definision.

A relación entre estes é a mítica gráfica de 3 círculos

Mercado

Na que hay 4 zonas intermedias

Os que son accionistas, donos ou partícipes da empresa e traballadores A

Os que son traballadores e consumidores B

Os que son consumidores e accionistas C

Os que son as tres cousas á vez D

Despois falaremos do 4 xogador o goberno.

Hasta aquí probablemente todo o mundo está de acordo con esto, o problema entra cando un quere definir a relación entre estes xogadores.  Ahí parte unha das grandes diferencias na “weltanschaaung” da xente, según a súa ideoloxía.  Chamemoslle a estas visións, “individualistas” pos fan referencia as interaccións do mercado en función dos individuos, a parte máis pequena e indivisible do mecanismo do mercado.

Empecemos a ver a visión maioritaria, o que chamo “visión da empresa” que se pode entender como neoliberal.  Visión como dixen antes, respecto ó individuo.  (E recordemos que é unha xeneralización con todo o que esto implica)

1 Todos os empresarios son traballadores

2 Todos os empresarios son consumidores

3 Todos os traballadores son consumidores e se quixeran podrían ser empresarios (accionistas)

O que evidentemente nunha sóla empresa non sería certo pois hai:

A accionistas externos, que non traballan na empresa no que se incumple o 1 postulado.

B empresas que producen productos que os seus directivos ninsequera compran.  E non solo estou falando de fabricantes de productos intermedios, por exemplo un fabricante de acero, senon que hai outros.  Non vexo eu a paco el pocero quedandose para si os seus cutre pisos de mierda.

C Non sei cantos traballadores de McDonnell douglas teñan un avion na casa pero supoño que 0.  Incluídos os mandamases.

Sin embargo esto, que a nivel de unha sola empresa non se cumple, ten bastante sentido a nivel global.  Pois é evidentemente certo que:

Casi todo o mundo traballa

Todo o mundo consume

Todo o mundo podría teoréticamente ter acceso a participacións de empresas.

entón segúndo esto, o círculo real sería:

Mercado liberal

Sólo existen zonas B e D e D tende a abarcar B.

De esta visión, arranca unha parte na creencia da benevolencia e democracia do mercado pois:

1 Como o “empresario” tamén consume, produce necesariamente bos productos, que repercuten nos “consumidores” que tamén son traballadores, etc…

Este no é o argumento principal que se para afirmar a necesaria e intrínseca bondade dos productos, pois ese é o da libre competencia (da que falaremos máis adiante) pero potencia evidentemente a idea

O problema é que non fai falta ser abstemio para vender garrafón.

2 Todo individuo ten acceso a participar nunha empresa, e consecuentemente participar do seu beneficio.  Esto evidentemente só quere decir que a empresa, hoxe en día é maioritariamente un círculo aberto no que se pode entrar incluso con unha cantidade relativamente modesta de capital.  A participación real dos traballadores (entendendo como tal unha definición amplia) na empresa, sin embargo é totalmente neglixible, maioritariamente por dúas razóns:

A súa aportación de capital é moi pequena.  A nula capacidade de intervencion derivada de esto.  E os escasos beneficios.

A diferencia cualitativa da entrada na empresa.  Os grandes capitais entran como fondos VIPs e os capitais modestos en fondos de inversios.  Non fai falla que vos diga os chanchullos que se fan distribuindo gañanzas e perdas entres fondos de “abuelitas” e fondos “VIP”.

3 Estamos todos no mesmo bote, pois os empresarios tamén son traballadores da empresa.  Esto evidentemente é pouco máis que un xogo de palabras.  Non vou a entrar realmente en esto porque se me ocurren moi poucos tipos de empresa no que o empregados directivos e os “mandados” estén nun nivel medianamente comparable.

 

 

Continuara…

próximo capítulo

vision de Famio

Goberno.  Intervención e non intervención

 

Fotos Do dia