martes, 27 de noviembre de 2007

Pakistan: Volve Sharif (esta vez, si)

Uiuiuiuiui vaia pájaro.  Nawaz (que non Omar) Sharif volveu fai uns días a Bombistán, o maior polvorín do mundo para apuntarse ás próximas eleccións (se é que cheja a habelas).  Pero poucos saben que o fulano, xunto co seu irmán, xa foi en Septiembre deste ano a Pakistán e, como Musharraf and Company xa lle tiñan preparado, preventivamente, unha orden de arresto por corrupcción para o irmán, tivo que volver no mesmo avión de volta para Arabia Saudí (que por certo condenaron fai pouco a unha rapasa por ser violada por 7 fillos de puta a 6 meses de prisión e 200 latigazos http://www.lavanguardia.es/lv24h/20071121/53412899612.html ).

Pero bueno, finalmente agora en novembro parece ser que chegou a un acordo con Pervez.

O Nawaz é un pájaro de coidado.  Xa foi o 14º 16º e 18avo primeir ministro de Pakistán e aínda pode ser o 20º.  Hahaha.  E como é eso, preguntarédevos?  Gañou por primeira vez as eleccións en 1990 apoiado por unha coalición de ultraconservadores.  El iba pola Pakistan Muslim League, aínda que eso non quere decir moito.  A Pakistan Muslim League foi o partido que sucedeu nos 60 á extinta Muslim League, fundada polo pai da patria Ali Jinnah.  Pero escindiuse a partir dos ochenta en polo menos 3 partidos, que se pasaron a chamar, que orixinais:

Pakistan Muslim League (N) con N de Nawaz

Pakistan Muslim League (Q) con Q de Quaid-e-Azaam que non teño pajolera idea de quen é ou quere desir, pero é de Musharraf 

Pakistan Muslim League (J) con J de Muhammad Khan Junejo o que según parece é o pai da criatura

Vamos, que vaia Cristo.  A cuestión e que en 1993 o presidente de Pakistán chimpouno do cargo de primer ministro e puxo a outro pero ás seis semanas o Tribunal supremo rescatouno e restaurouno no cargo.  Pero pouco durou despois desto, porque andaba á gresca seguido co presidente e cando este último o acusou de corrupción abandonou o cargo.  Fixéronse eleccións anticipadas e saleu Bennazir Butho.  Pero o campeon xa tiña preparada a súa gran xogada para as eleccións do 97 nas que ganou por ¡¡¡¡¡¡¡¡máis dun 90% dos votos!!!!!!!.  O que naturalmente puxo a mosca detrás da orella a Buttho e o seu partido PPP que acusaron a Sharif de amañar as eleccións (e vai ser que tiñan razón).  E como putero precavido vale por dous o primeiro que fixo foi unha enmienda á constitución que lle anulaba a facultade ó presidente de destituir ó primeiro ministro e instauraba a disciplina de partido, que prohibia ós diputados do mesmo partido votar cousas diferentes (é decir protexerse de que lle fixeran unha moción).  Aquí o fulano subeuse á parra, de prudencia, nada de nada.  Nuclearizou Pakistán, respondeu en 20 días ás probas nucleares Indias cas súas propias.  Empezou unha guerra en cahemira coa India (A guerra do Kargil, que foi un desastre do que xa falaremos outro día), impuxo o toque de queda, conxelou os depósitos extranxeiros e ata aceptou pasta de Osama bin-Laden para financiar o seu partido, para sólo nomear unhas poucas lindezas. Pois así ata que o Chimpou Musharraf nun golpe militar en 1999.  Estivo 10 días preso e ó final aceptou un acordo para exiliarse en Arabia Saudí.

Vaia galería de pájaros para un país tan escarallado.  Como estoupe… Dios nos colla confesados

0 comentarios:

Fotos Do dia