viernes, 9 de noviembre de 2007

Pioneer

Non, tranquilos, non me volvín bakala-tunero.  Estou falando da misión da NASA lanzada no 72, que saíndo do sistema solar queda vagando polo espacio.  Acordeime desto o outro día que vin Futurama e Bender quedaba perdido no espacio e grabábase no peito unha versión sui generis da famosa placa, na que tamén aparese el cortando o bacalao.

Acordeime tamén dunha pequena historieta de ciencia ficcion que lin fai xa tempo non me acordo do autor.  Nunha especie de conclave teolóxico intergaláctico de X razas alieníxenas, o predicador fala sobre a destrucción da raza humana, os xóvenes novicios pregúntanlle o porqué da destrucción da raza humana.  Pola mision do Pioneer.  E respóndenlle os novicios que eso é normal, o que fai calquera civilización, enviar unha señal ó espacio, decir védenos, estamos eiquí.  Pero, replica o predicador, ningunha civilización é tan mala, tan perversa, tan rematadamente pérfida como para mandar unha imaxen de si mesmos EN PELOTAS!  No momento pareceume unha historia curiosa, moi divertida, con unha certa crítica á dereita relixiosa americana.  Nada máis.  Pero onte entereime de un par de cousas.

Fixádevos na muller.  Non ten cona!  E non é de risas.  Carl Sagan que foi o coordinador do diseño da placa, non se atreveu a poñerlla (a todo esto a muller del foi a dibuxante).  Díxoo el mesmo, que por non meterse en fregados prefireu deixalo así, que ó fin e ó cabo é o canon griego clásico, no que non se representa a cona, aínda que si cotuños (pirolas como puños).  Explícalle esto ós marcianos.

Despois púxenme a investigar, e resulta que houbo unha gran polémica en EEUU pola placa de marras.  Moita xente estaba indignada que se gastaran os seus impostos para enviar pornografía ó cosmos.!!!!!!!!.  Varios senadores republicanos levantaron o grito ó ceo e planteáronse levar a Sagan ante unha comisión do Senado para poñerlle as pilas.  Flipante.  Xa vedes que o percal non empezou con Reagan, que xa estando Nixon andaban a quentar o cotarro da dereita relixiosa.

Cando no 77 enviaron o Voyager, repetironse as críticas que hasta tiñan a Jimmy Carter acojonado e estivo a punto de censurar o percal.  Esta vez tamén mandaron un disco, LP, con músicas do mundo.  Bach, Mozart, Música folclórica de aquí e alá, e entre ourtas cousas, Johnny B. Goode de Chuck Berry.  Non sei a que cómico americano lle escoitei, que se os alieníxenas encontraran a sonda e se decidiran a mandarnos unha mensaxe dirían simplemente:

Send more Chuck Berry.

0 comentarios:

Fotos Do dia