miércoles, 24 de octubre de 2007

Amilcar Cabral

Olvidados da historia.  Capítulo II

 

Amílcar Cabral.  Doume por ahí.  Porque xa que estamos, seguimos cos líderes anticoloniales.  E como ando un pouco vago… pois vai unha traducción rápida chafulleira do portugues ó galego, con un par de comentarios e explicacions polo medio.

O artigo orixinal ven de aqui:

http://www.vozdipovo-online.com/dossiers/as_ilhas_de_cabo_verde/amilcar_lopes_cabral_(1929-1973)/

499px-Stamp_Amílcar_Cabral

(Por certo un sello da República Democrática Alemana)

Amílcar Cabral naceu en Bafatá (Guinea Bissau, a Guinea Portuguesa para entendernos) en 1924, fillo de Juvenal Cabral e Iva Pinhel Évora, que eran Caboverdeanos.  Que duda cabe que como todos os líderes da descolonización, procedia dunha certa élite, na medida na que se poda aplicar este termo a un povo soxuzgado.

De pequeno emigrou cos pais ás illas de Cabo Verde donde foi ó instituto que rematou no ano 1944.

O home tiña certas inquetudes poéticas e nos anos 40 escribe os seus primeiros cadernos de poesia titulados Nos Intervalos da Arte Minerva, Quando o Cupido Acerta no Alvo, e o ensaio Hoje e Amanhã.  Non din atopado por ningures os seus cadernos de poesía, pero así polo título deduzo que debía ser algo polo estilo do noso Manoel Antonio.

Em 1945 obtén unha beca da “Casa dos Estudantes do Império” (vaia nome, que?) e inicia os seus estudos universitarios en Lisboa no Instituto Superior de Agronomía. Distinguiu-se como alumno, intelectual e particularmente polas actividades políticas e culturais desenvolvidas na Casa de África, na Casa dos Estudantes do Império (da cal foi vicepresidente entre 1950 e 1951) e no Centro de Estudos Africanos.  Vamos, que xa lle iba a farra política, aínda que me imaxino que mantería un perfil máis ben baixo polo perigo de que o réxime Salazarista o chimpara da carreira universitaria. En 1952 presenta a tese de final de curso sobre a erosión dos solos agrícolas, a partir de uma investigación no concello de Cuba (Alentejo).

Em 1952 regresa á Guinea, asumindo o cargo de Director do Posto Agrícola Experimental de Pessubé, em Bissau. En Agosto de 1953, efectuou o recenseamento agrícola da Guinea Bissau, o que lle permitiu un aprofundamento do coñecemento da sociedade guineana, eminentemente agrícola. No seguimento desta actividade publicou varios artigos no “Boletim Cultural da Guiné Portuguesa”.

Em 1955 é aconsellado a abandonar a Guinea, debido á súa implicación nos movimentos anti-colonialistas.  Volve á metrópoli.  Ata final de 1959, reside en Lisboa, desempeñando contodo un conxunto de actividades en Angola, participando na formación do MPLA (Movemento Popular de Liberacion de Angola).

A 19 de Setembro de 1956, nunha visita a Bissau, propón a formación do “Partido Africano da Independência” (PAI), nunha reunión que contou coa participación de ilustres loitadores anticoloniais: Aristides Pereira, Luís Cabral (o irmán de Amílcar), Júlio de Almeida, Fernando Fortes e Eliseu Turpin. O Partido Africano da Independência acabaria por chamarse Partido Africano da Independência da Guiné e Cabo Verde (PAIGC) en 1960.

En 1960, Amílcar Cabral encargase da denúncia internacional do colonialismo portugués e contribui á formación de organizacións de loita.

O 3 de Agosto de 1961, o PAIGC, solidarizandose co MPLA, proclama a  «acción directa». O 23 de Janeiro de 1963, despóis dunha serie de propostas de conversacións presentadas ó Governo Portugues e através da ONU, o PAIGC abandoa a clandestinidade e, trala sanguenta represion da greve dos estibadores do porto de Pidjiguiti, desencadena finalmente, a loita armada de liberación nacional.

Durante o ano de 1964, Cabral preside o congreso do PAIGC, en Cassasaca, participa no Seminario organizado pelo Centro Frantz Fanon, de Milan. Em 1966 intervén na Conferencia Tricontinental realizada na Havana, encontrandose con Fidel Castro, que xogaría un papel central na liberación das colonias portuguesas.  Por aquel entonces tanto Amílcar como o PAICG xa empezaban a enfilar cara unha ideoloxía inequívocamente marxista, aínda que sempre se inscribiron dentro do movemento de países non alineados e Amilcar gozou da admiracion dos socialistas europeos como Miterrand e Olof Palme.

Em 1970 realiza unha conferencia titulada Libertação Nacional e Cultura, en homenaxe a Eduardo Mondlane (lider anticolonial de Mozambique (FRELIMO)) na Universidade de Siracusa (EUA). Em Abril do mesmo ano participa nas comemoracións do centenario de Lenin. En Xuño assiste á Conferencia Internacional de Apoio ós Povos das Colonias Portuguesas, realizada en Roma, e ten unha audiéncia co Papa Paulo VI (Porque si estivera Woijtila, levábaa clara).

Ca axuda, aínda que tamén de outros países, sobre todo de Cuba, que viña dun semi-fracaso na liberación do Congo donde incluso estivo o Che Guevara de incognito, o PAIGC logrou rápidamente facerse co control da maior parte do país, exceptuando as illas de Cabo Verde, donde houbo certa resistencia ó movemento anticolonialista, debido a unha diferente composición da povoación (Cabo Verde estaba povoada por moitos criollos que posuían un estatus superior ós “pretos” de terra firme, unha élite á que por certo perteñecía Amilcar).

Tamén en 1970, O exercito, os servicios secretos e a policía secreta (PIDE) asltan un campo en conakri na guinea francesa, no que se refuxiaban os guerrilleiros da PAIGC ca intención de asasinar tanto a Amilcar como ó presidente da guinea francesa.  Ambos escapan sans e salvos cas súas familias menos a familia do médico persoal de Amilcar, que ocupaba a vivenda veciña na que resultaron feridos varios membros e morre un dos nenos.  Esta operación, que non fora a primeira nin sería a derradeira sería coñecida como Portuguese Raid ou operacion Mar Verde

Em 1972 destácase a sua intervención no Consello de Seguridad reunido en Addis-Abeda, na cal realiza un chamamento á ONU no sentido de enviar uma misión de visita ás rexións libertadas. Esta misión viríase a realizar entre o 2 e o 8 de Abril de 1972 e contribuiu para o recoñecemento internacional do PAIGC como representante lexítimo do povo da Guinea Bissau e Cabo Verde. En Outubro do mesmo ano diríxese á IV Comisión da Asamblea Xeral da ONU, como virtual xefe de estado da Guinea.

Na noite de 20 de Janeiro de 1973 é asesinado, nunha especie de golpe de en Conakri, por Inocencio Cani un oficial do armada do PAIGC, ó aparentemente resistirse Amilcar a ser detido e desposuido do cargo.  As razóns non están moi claras.  Hai quen di que foi un golpe dun sector guineano do exército do PAICG en contra da cúpula dirixente que era na súa maior parte caboverdiana.  O presidente da guinea francesa frustrou o golpe.  O certo é que Inocencio Cani xa estaba moi desprestixiado no partido porque xa fora acusado de corrupcción polo que foi destituido do mando supremo da armada do PAIGC (aínda que xa vos daredes conta de a arm

ada non era un corpo moi significativo).  Non me extrañaría que estivera a sueldo da PIDE.  Curioso é tamén que tralo xuízo no que foi axustizado, desapareceran as actas, durante o revolto período pos-colonial.

Amilcar non chegou a ver a independencia do seu povo que se proclamou unilateralmente ós poucos meses de morrer el, ó pouco foi ratificada pola ONU e trala revolución dos craveis recoñecida universalmente.  Tampouco chegaría a ver aínda que vivira ata hoxe a union entre Cabo Verde e a Guinea.

Luis de Alameida Cabral, o seu irmán asumiu a presidencia e inagurou un novo período turbulento na historia do país.  Por certo que non e nin de lonxe como o seu irmán.

Se queredes saber máis, aqui vai outra páxina en portugués un chisco máis extensa:

http://www.vidaslusofonas.pt/amilcar_cabral.htm

0 comentarios:

Fotos Do dia