sábado, 1 de marzo de 2008

E esto sin a San Gil polo medio

Fai 15 días chocoume moito que un compañeiro de traballo me dixera a conta do incidente entre uns alumnos de económicas da USC e a Señora San Gil “Cada vez os pareceis mas a los etarras, Bueno a los Vascos”

Hoxe día 29 de febreiro iba eu a facela compra semanal no supermercado do barrio que casualmente esta na Praza Tirzo de Molina, e como non, fixen coincidir a miña visita co inicio da manifestación fascista as 7 da tarde, cando cheguei alí contei 22 furgóns policiais de antidisturbios, nunha praza que terá o tamaño de medio campo de fútbol, ante tal “desplieje” a xente estaba tranquila, parecía un día normal excepto pola pancarta xigantesca colgada da sede da CNT que se atopa nun terceiro piso no medio da praza e coa insinia Vermella e negra presidindo a mesma. Vin pra casa collela cámara de fotos pero non tiña Batería, e decidín esperalas noticias da prensa.

Si un coñece medianamente o barrio, que non e meu caso, dáse conta que foi unha provocación en plena campaña electoral, a radiografía do barrio e evidente, pode ser o barrio mais multicultural de Madrid, por non dicir o barrio co remexido mais descontrolado de Madrid, de feito na miña rúa teño 12 tendas chinos un bar de dous vellos madrileños dous “Kebaps”, locutorios varios e un bar Galego no que as veces tomo unha estrella (mentira non me gusta a estrella, pero queda ben), pois ben isto e en xeral o barrio, pero a praza Tirso Molina ten mais peculiaridades, presidida pola sede da CNT e o centro de reunión de emigrantes xeralmente Negros que despois de traballar van alí a tomar un piscolavis e xoga-las cartas, a un xogo que non conseguín entender a semana pasada. Os fines de semana montase un mercadillo con chiringuitos que venden libros e obxectos estraños de tendencia marxista, Tamén o fin de semana os das cartas montan Bailes de Capoeira (Ou aljo así) instrumentos estraños e rondós con timbais.

Eu Preguntome, ¿Que sentido ten autorizar nun barrio coma este unha manifestación Fascista en plena Campaña electoral?

Ten Moito mais sentido ilegalizar unha manifestación da Esquerda Vasca non importando o motivo da manifestación, dende logo coa miña pequena experiencia en Madrid danlle mais importancia a un protesta veciñal en “Getxo darriba” pola subida do recibo do lixo que por unha batalla campal provocada pola incompetencia da xustiza.

Son as 11 inda escoito os 2 ou 3 helicoteros e as bocinas dos policias, pero si teño unha cousa clara, Isto todo foi orquestado por non sei quen, cuns obxetivos claros

E o que me produce mais repulsión e a falta de obxectividade do habitantes desta cidade, e me fai preguntar ¿que será de certos sectores da política madrileña cando ETA desapareza? ¿Porque intentar que ETA desapareza, si nos serve como argumento para esconder cousas mais importantes?

As Doce e media decidín saír de festa, a Maquinaria da hipocresia estaba a traballar a toda maquina, pero había cousas, como o cheiro, que non se poden ocultar. Contei 5 camións e alrededor de 50 persoas limpando a toda presa a rúa, isto solo sumando na Rúa Embajadores non me metín por mais rúas (Tiña sede), Contei dous coches queimados e 12 coas lunas rotas, 5 contenedores queimados e a sucursal Cajamadrid totalmente desfeita.

Pero non pasou nada

 

 

 

 

http://videos.abc.es/informaciondecontenido.php?con=4196

 

0 comentarios:

Fotos Do dia