miércoles, 27 de febrero de 2008

Recapitulando

Con este artigo veño cavilando fai tempo, aínda que non vou ser excesivamente rigoroso cos resultados, isto vai ser unha ralladura coa que non quero chegar a ningunha parte.

Pensando nas eleccións xerais de non sei que día de marzo, recapitulo catro anos atrás e, examinando os principais razóns polas que gañou Zp, penso que gañou en gran medida pola situación da vivenda a guerra de Iraq e o puliño de ultima hora que lle deu as escandalosas e desafortunadas actuacións dos mandatarios despois do 11M.
Agora ben, non pretendo facer un discurso demagóxico sobre ningún dos tres temas, simplemente facer unha análise do porqué do pasotismo na principal política coa que este goberno se presentou as eleccións.
A gran burbulla que existe sobre os prezos da vivenda, non é cousa nova; de feito, segundo a miña idea, ven de fai 7 anos atrás more or less.
O que aquí me pregunto e porqué un goberno socialista -no que a intervención publica é unha cousa intrínseca, por socialista- non fixo nada.

Segundo a teoría (e as promesas electorais) o estado tería que actuar de forma paternalista, poñendo freo o mercado inmobiliario; a realidade foi que non fixo nada, porque os costos electorais que podería ter superaban ós Beneficios [electorais].  Temos que pensar que en España celébranse eleccións cada 1,5 anos; si poñemos un freno que reaxuste a economía en 4 anos pero, que os primeiros dous anos teñamos unha minirecesion atribuíble a política “equivocada” do goberno, (estou supoñendo que o lector sabe que as elecions municipais teñen unha influencia mais que relevante por exemplo nas elecions das deputacións provinciais así como certas elecions autonómicas poden cambiar o rumbo das eleccións xerais); teríamos un resultado nada positivo para afrontar a nova festa democrática.

Por tanto, entramos nunha contradición entre paternalismo do estado versus políticas non axustables ós períodos electorais.
Agora planteemos que pasa coas outras decisións en contras da vontade popular e escudadas baixo o paternalismo do estado.
A conclusión é clara, estas decisións só se tomarán si existe un grupo de presión o suficientemente grande para compensar ou controlar as perdidas producidas pola medidas impopulares.

Temos exemplos varios:

Reforma laboral: temos detrás os empresarios que darán un respaldo proporcional á redución de costos (ou aumento de beneficios)

Prórroga da lei do aborto: temos á Igrexa detrás proporcionando un soporte que compensará con creces as perdidas da non-reforma da lei.

As reformas do plan Urbanístico de calquera concello e o exemplo máis que claro do peso de certos grupos de presión sobre as decisións paternalistas dos estados.
Podiamos seguir así eternamente, identificando grupos de presión que fan posible ou non a vontade popular.
LOW BATTERIE

 

 

0 comentarios:

Fotos Do dia