lunes, 18 de febrero de 2008

Crise económica vs Campaña electoral. Mundo o revés


Ministro de economía socialista Neoliberal vs Candidato PP keynesiano.
A Solución que plantexan as diferentes alternativas políticas son ridículas, pero que podemos esperar dun ministro de economía socialista mais liberal que os liberais e dun aspirante a ministro de economía que chegou a candidato despois de resultar o perdedor dunha guerra política a pesar das sucias artimañas realizadas.
 
Analicemos agora as propostas concretas:
Rajoi planta Pinos:
Para empezar estou o 90% a favor da proposta, sobre todo sabendo que o campo español necesita unha conversión, si xuntamos isto con unha política forestal adecuada, poderíamos converter a franxa norte de España nunha potencia forestal e tomando como exemplo a mesma Finlandia.
Pero a proposta mete auga por tódolos sitios, en primeiro lugar porque nun intento de neoliberalizar a economía o estilo americano, Raxoi copia a política americana do NEW DEAL (vexase artigo) Non se dou conta de que era unha política keynesiana, que nada ten que ver coa liña a seguir.
Poucas mais propostas concretas se ven dende a liña do PP, agás a máxica reforma do mercado laboral, que segundo meu parecer, si tiña sentido na década dos noventa, xa que herdabamos un modelo socialista, non competitivo coa UE.
Cabe pensar que unha política de flexibilizacion do mercado laboral, e unha política que anima a economía polo lado da oferta, este modelo non ten en conta as consecuencias que esta política ten polo lado da demanda,
E dicir si aplicamos esta política os efectos sobre os traballadores serán algúns e en consecuencia os efectos sobre o consumo serán, segundo a miña opinión negativos, si temos en conta que o motor da economía española son as novas familias asentadas no territorio, e non fai falta mais que ver as estadísticas de compras de casas e coches, para darse conta que e a clase social onde mais afectaría a reforma laboral e por consecuencia isto seria contraproducente.
Espero entón que argumenten motivos de incrementos de productividade, inda que segundo o meu criterio si non se fixo nada nos últimos 20 anos para o ansiado incremento da productividade da economía española, non se faga agora, e sobre todo a costa da estabilidade social.
Reforma fiscal a lo ZP
Non rirse, please.
Calquera con dous dedos de fronte saberá que a reforma de 400 € que propón ZP non ten sentido,
Si por algo se reclama a reforma fiscal e porque os impostos producen distorsións na economía, que unha vez nas mans do estado xerarían efectos mellores ou peores segundo o seu emprego, pero como agora esta de moda o desprestixio do estado por parte dos políticos frases coma "os cartos mellor no peto dos españois, que eles saberán mellor que facer con eles" (sospeitoso alarde de franqueza "somos uns incompetentes, confíenos o menos cartos posibles").
Cal e a política de ZP xerar distorsións recadando impostos e volver a xeralos "distribuíndoos", porque nin sequera e unha redistribución xustificable en termo socialistas.
A Ladrillazo limpo
Coa creación do ministerio de vivenda o goberno de ZP demostrou que simplemente era un ministerio de propaganda que fai 4 anos non tivo collóns a enfriar un pouco a economía do ladrillo para que a hostia fose menor, pero ninguén ten os collóns de criticar isto porque parece un pacto nacional a tres bandas PP PSOE e Sector Ladrillo.
Solucións a crise económica
A política económica non cambiara gañe un ou outro,
As preguntas que teremos que responder serán:
¿A que política fiscal nos enfrontaremos?
¿A que reformas laborais nos enfrontaremos?
¿Cómo se afrontara polas partes a crise do ladrillo?
O que mais me asusta disto e o paralelismo cos EEUU no que a administración bush leva toda a lexislatura con políticas keynesianas de aumento de deuda para activa-la economía frente a postulados demócratas mais neoliberais.

1 comentarios:

Unknown dijo...

como se ch vai patan

Fotos Do dia