jueves, 24 de enero de 2008

Xuices como Motos

Andan desquiciados últimamente.  A Última de Marlaska, ten tela.  Redada de GRAPOS, ata ahí nada novo.  Pero escoitando a radio onte en Vigo quedei cos ollos como platos.

Deteñen a un tetrapléxico dende 1980 que leva 20 anos traballando no caseto da ONCE de Porriño acusado de pertenecer ós GRAPO.  Concretamente a acusación é de proselitismo.

A cousa é a seguinte.  O home, Jose Luis Fernandez Gonzalez, fóra dos GRAPO, pegáronlle un tiro no ano 1980, en circunstancias un tanto sospeitosas (un compañeiro del morreu), estivo 3 anos preso e foi indultado por minusválido. 

Pero vaia… canto máis o miro menos xeito ten.  Onte aparecen os GEOS en Sardomá para levarse ó tío.  Encerran á muller no faiado mentres LITERALMENTE desvalijan a casa.  O home dedicábase, no seu tempo libre, a repartir entre os presos ademáis de outras cousas, libros.  Posuía, ca sua muller, unha biblioteca considerable, de máis de 8000 volúmenes.  E como o home era Marxista Leninista da vella escuela, pois lóxicamente moitos libros tratarían ese tema.  Leváronlla toda.  Nun monovolúmen foi el e noutro foi a biblioteca.  Dereitiños para Madrid.  Jose Luis levaba facendo esto anos, a que ven este espectáculo lamentable ahora? (supoño que en certo modo motivado pola cercanía das eleccións).  Se esto non é un arresto político… pois eu xa non sei máis, que veña Nelson Mandela e o redefina.  Esperemos que a cousa quede en nada, pero o mal xa está feito.

Aqui tedes a noticia:

http://actualidad.terra.es/articulo/trasladan_madrid_vigo_2198690.htm

0 comentarios:

Fotos Do dia