viernes, 25 de enero de 2008

Te la meto doblada.

Un artigo de anosaterra.org, a verdad e que dan máis medo que a URSS fasendo política medioambiental…
 
O lago artificial das Pontes, para os verquidos da nova Ence?

Redacción . O mesmo día que pecha a mina das Encrobas, saen máis voces de alerta sobre os fins ocultos tras os lagos artificiais.

No mesmo día en que se fai oficial o peche da mina das Encrobas (Cerceda), o proxecto de lago artificial que tamén se pretende realizar nas Pontes non queda fóra da polémica. O grupo ecoloxista Erva cualificou o plan de “estafa ambiental”, denunciando que o obxectivo real é levar a fábrica de Ence para este concello.

Segundo sosteñen, a imposibilidade de desactivar os frontes de mineral e a permanencia de ladeiras hiperácidas que quedarán asolagadas, suporá que o período real de vixencia das actividades recreativas será breve.

Con esta perspectiva, e tendo en conta e a “insistencia en abordar o proxecto de forma inminente e dispor do lago en 4-5 anos”, a agrupación sospeita que “o que realmente se quere facer é favorecer o traslado da celulosa de Ence ás Pontes”, botando despois os seus verquidos ao lago.

Medio Ambiente di que decide a empresa 

Dende a Consellaría de Medio Ambiente recoñecen que As Pontes é un dos lugares que están riba da mesa como presunto destino de Ence, aínda que sosteñen que é a empresa a que debe decidir a ubicación, para que despois a Xunta o acepte ou non.

Ríos en perigo

Outro dos problemas, que comparte tamén o proxecto de lago artificial que se deseña para Meirama, deriva da captación de auga para encher o lago. No caso das Pontes, sería do río Eume e no caso das Encrobas, do Barcés. Os ecoloxistas advirten dos perigos que estes transvases suporían para a fauna e flora ribeiriña.

0 comentarios:

Fotos Do dia