miércoles, 1 de agosto de 2007

A ONU acepta á fin o envío dunha "forza de paz" a Darfur

Malia que a grave situación nesta rexión africana vén xa de longo non foi até o de agora que houbo consenso para a creación desta misión de paz.

 

 

 

En Darfur máis de 200 mil persoas morreron e 2,5 millóns tiveron que deixar os fogares.

 

De "histórica e sen precedentes" cualificou o secretario xeral das Nacións Unidas, Ban Ki-moon, a creación da forza de paz para Darfur, UNAMID. O despregue complementará o frouxo despregue da Unión Africana na zona elevando até cerca de 30 mil soldados a representación.

O acordo votado á fin unanimemente polo Consello de Seguridade da ONU autoriza as accións necesarias, incluído a "forza" se é preciso para a prevención de ataques, protección da poboación, mellora da seguridade, reparto de axuda humanitaria e despregue do Acordo de Paz para Darfur. Ban Ki-Moon dixo confiar en que este será un paso decisivo para pechar "un capítulo tráxico na historia africana", que deixou xa centos de miles de mortos e máis de dous millóns de desprazados dos seus fogares.

0 comentarios:

Fotos Do dia