martes, 26 de junio de 2007

Olvidados da historia. Patrice Lumumba. 2 parte.

Quedáramos no último post: http://agalizadopatan.blogspot.com/2007/06/olvidados-da-historia-non-se-acorda.html no momento que Lumumba entraba na vida pública. Ó entrar a formar parte do Partido Liberal belga. Alí veuse que os liberales vían ós líderes africanos con algunha simpatía, moita condesendencia e dende logo ningunha iniciativa. Así que pronto abandonou o partido, xa que levaba outros proxectos máis ambiciosos en mente e co-fundou, en 1958, tras voltar dunha viaxe a Bélxica, o MNC ou mouvement national congolaise. O cal era un partido netamente africano, non-tribal e apostaba decididamente pola autodeterminación a curto plazo, o que como vos debedes de imaxinar non sentou moi ben en Bruselas. Que raro que sona esto a un europeo no ano 2007 non?

Dende a súa formación, o MNC foise facendo paulatinamente máis pan-africanista, algo bastante lóxico, sendo esto último a consecuencia natural do non-tribalismo. En decembro do 1958 Lumumba representou ó MNC na conferencia panafricana de Accra, en Ghana, sendo o seu presidente o ghanés Kwame Nkrumah co que Lumumba sintonizou á primeira. Como era de recibo, alí abogou abertamente pola independencia do Congo. Eso tamén sentou ben mal en Bruselas.

A cuestión é que ó pouco da formación do MNC empezou a axitación política e, en outubro do 59 unha liga de partidos independentistas liderados polo MNC convoca unha manifestación en Stanleyville. Como cabía de esperar tivo amplo apoio da poboación e as autoridades pola súa parte, intentaron impedila manifestación pola forza. Como cabía esperar…

Resultado: 30 congoleses mortos e Lumumba detido e torturado. Posteriormente, en xuízo, foi condeado a seis meses de cadea. Bélxica, dado a insostibilidade da situación (os seguidores de Lumumba tomaron as rúas), convocou reunións cos principais partidos independentistas, o que obligou a liberar ó pouco tempo a Lumumba, que finalmente acabou tomando parte nas negociacións. E, sorprendentemente, cando parecía que as negociacións estaban en punto morto e os belgas andaban a dar largas ó asunto, acceden do día para a mañán á independencia do Congo, fixando a data oficial da independencia para o 30 de xuño de 1960. E fixaron as eleccións parlamentarias para o 25 de maio dese mesmo ano.

Non debería sorpender a nadie, que nas primeiras elección democráticas do Congo, Lumumba e o MNC arrasaran. Constituise o goberno con Lumumba de primeiro ministro e Joseph Kasavubu de presidente.

Para a data oficial da independencia, durante a ceremonia, Lumumba en calidade de primeiro ministro pronuncio un discurso moi duro denunciando as atrocidades que xa relatei na primeira parte. Ó rei Balduino que estaba presente na ceremonia atragantáronselle as coles de Bruselas, e quixo abandonar o Congo antes da cena de gala, cousa que impediron os seus ministros e conselleiros a duras penas. Lumumba, que sabía que se tiña que andar con moito ollo de non mosquear ós belgas tentou de reconciliar un pouco as posturas durante a cena. Esa noite, pois o Congo catou por primeira vez a liberdade

Pero a independencia e as eleccións democráticas, de pouco sirven ante decenios de explotación e intereses oscuros. Para entonces Lumumba tiña unha serie de grandes problemas íntimamente relacionados. Primeiro: a proclamación de independencia da provincia de Katanga, a rexión mineira máis importante da rexión. Moiseh Tshombé, caudillo de Katanga, a soldo dos belgas e a CIA, proclamou a súa propia independencia uns días antes da do Congo. Segundo: A resistencia dos blancos en xeral: as compañías mineiras os terratenientes, os funcionarios e os cuadros de mando do exército. Vamos que en realidade sólo era un problema, os belgas e os americanos.

Como Lumumba era vagamente socialista, planeaba nacionalizar a industria, particularmente a mineira. Como os oficiais do exército eran todos blancos, propuxo africanizar o exército. Cousas como esas poñíano a mal con prácticamente todo occidente, que xa de por si non tiña moita simpatía polos líderes anticoloniales.

O buda sonriente é Moïse Tshombe E o outro artista é Mobutu.

Como llo foron poñendo progresivamente máis chungo, incluído envío de tropas belgas a Katanga, a Lumumba fixo un chamamento ás nacións unidas, que enviaron tropas ó Congo, pero que, baixo o mando do consulado americano, se limitaron a desarmar ó soldados congoleses, mentres se lles dou plena liberdade de acción ós soldados belgas é ás milicias de Katanga. Tal como estaba o panorama, non lle quedou outro remedio que pedir axuda á Unión Soviética. Eso xa era demasiado para Balduino e o tío Sam así que presionaron a Kasavubu para depoñer a Lumumba, cousa que só tiña a facultade de facer o parlamento. O parlamento anulou a destitución e Kasavubu volveu a destituir a Lumumba e esta vez ademáis encargou para ir seguro ó coronel Mobutu que o levara preso. E dous días máis Mobuto deu un golpe de estado instigado polos Estados Unidos, disolveu o parlamento e fíxose co control total do Congo.

Lumumba sin embargo, dado que tiña apoios en tódolos lados conseguiu fuxir, pero pouco lle durou a ledicia, xa que pouco despois foi capturado cerca de Stanleyville por tropas de Mobutu. Foi torturado e enviado para pública humillación a Leopoldville (Kinsasha), donde incluso foi agredido con cámaras rodando. O revuelo que causaron as imaxes foi considerable, e a Unión soviética propuxo nas nacións unidas unha resolución para esixir a inmediata liberación de Lumumba, que foi rechazada, aducindo que Lumumba abandonara a protección da ONU cando tentara escapar. Dado que aínda seguían as tropas da ONU no Congo, e había por todo o país motíns de leales a Lumumba, Mobutu despachouno para Katanga, que era algo así como unha “ciudad sin ley” donde se fixeron cargo del milicianos de Tshombé baixo as ordes de oficiales belgas. O resto pódedevolo imaxinar de sobra. Lumumba e dous dos seus ministros Mpolo e Okito, son levados a un descampado donde tras horas de tortura son fusilados en presencia do propio Tshombé, varios políticos belgas, oficiales belgas e axentes da CIA. Despoís os corpos foron despezados, tratados con ácido sulfúrico e enterrados. E esto último non é especulación, xa que o relatou na televisión belga en 1999 o comisionado de policía Soete que estivo presente. O fenómeno aínda gardaba na casa un dente de Lumumba que gardou como souvenir cando lle despedazaron o corpo. En 2002 unha comisión de investigación encargada ó parlamento belga, dictaminou que o rei Balduino en persona estaba ó tanto do asesinato de Lumumba, e tamén probou a implicación da CIA e o exército belga.

Nestas circunstancias era evidente que Lumumba se acabaría convertindo nun mito como o Che, obligando incluso a Mobuto a rehabilitar públicamente a súa figura facendo malabarismos propagandísticos, desvinculándose da súa morte.

Así que vouvos dar un consello, se non tedes vocación de martir, paga máis a pena ser un cabrón malo como Mobutu. Morreredes tranquilamente na cama, de vellos. Se non preguntádello a Paco Franco.

Avec sa mort, Lumumba a cessé d’être une personne. Il est devenu toute l’Afrique.

Jean-Paul Sartre

0 comentarios:

Fotos Do dia