lunes, 11 de junio de 2007

Olvidados da historia. Non se acorda deles nin su puta madre

Capítulo I Patrice Lumumba. Primeira parte, O congo Belga

Olvidados da historia, xentes que as mentes ben pensantes do mundo desterran da memoria colectiva, que se barren debaixo da alfombra ou rematan no famoso “cubo da basura da historia”, por razóns que ben coñecemos, ou deberíamos coñecer se nos resistimos un pouco ó olvido.

Non sei por que, vou a empezar por Lumumba, cicais por que me saltou a venada antioccidental, cicais porque levo incrustada, cravada na retina a imaxe de un soldado de Mobutu levantandolle a cabeza polos pelos a Lumumba para humillalo, mentres outro lle amarra os brazos cun cabo hasta dislocarllos. Rindo os dous, e mostrándoo á cámara come se fose un trofeo de caza dos seus señores coloniais. Tras semanas de tortura e humillaión conserva a mirada digna, anque triste, do home que sabe que a súa propia morte na cuneta non fará máis que confirmar a súa superioridade moral e humana sobre os seus captores. Pero empecemos polo principio…

Aproximadamente cando bélxica se independizou de Holanda, nos anos 30 século 19 naceu Leopoldo II. Daquela era un paísiño pequeño con vocación de neutralidade, a piques de se industrializar. En 1865, ó morrer o seu pai Leopoldo I, Leopoldo II accedeu ó trono. O home xa apuntaba maneiras, pois era fiel discípulo de Gobineau, teórico do racismo, que publicou a súa obra magna en 1855, “Essai sur la inegalité des rasses humaines” (nótese que Gobineau cando menos outorgáballe a calidade de seres humáns, moitos dos seus discípulos, non). Con tal bagaxe ideolóxico, a búsqueda rapaz de materias primas para as sociedades industrializadas e a carreira pola colonización da áfrica negra, non podía desembocar en outra cousa que no ESTADO LIBRE DO CONGO, posteriormente chamado posteriormente CONGO BELGA. Que si a xente tivese memoria, esas palabras deberían dar máis medo que GULAG e AUSCHWITZ xuntos.

O Congo belga, que abarcaba o que hoxe é a República “Democrática” do Congo, e tamén Ruanda e Urundi, hoxe Burundi (supoño que vístedes Hotel Ruanda, non? Xa debedes saber quenes inventaron ós Hutus e ós Tutsis), foi adquirido como POSESIÓN PERSONAL de Leopoldo II a Henry Morton Stanley (sí, o de “Livingstone, supongo”). Nominalmente o goberno do congo estaba en mans da “Association Internationale Africaine” cuio presidente e maior accionista era o propio Leopoldo II. Os recursos máis importantes da colonia eran o caucho (daquela, era máis importante ca o petróleo, xa que non se coñecía a vulcanización para obter plásticos a partir del), o marfil e máis tarde o cobre.

Trala Conferencia de Berlín, en 1885, Leopoldo se convertiuse formalmente no único propietario dun territorio que tiña 80 veces a extensión de Bélxica. Ese mesmo ano naceu oficialmente o Estado Libre do Congo (État Indépendant du Congo). Leopoldo asumeu el título de "rei soberano" do novo estado ca aprobación do Parlamento belga. Mentras en Bélxica Leopoldo era un monarca constitucional, no Congo tiña todos os poderes dun rey absoluto. O goberno central do territorio estableceuse, evidentemente, en Bruselas

Pero moito antes, nada máis arranxar tratados leoninos cos xefes tribais e mercenarios europeos, xa empezou a explotación. O xeito de extraer estas materias primas era, para decilo de xeito suave, expeditivo. Se chamásemos as cousas polo seu nome, sería un réxime de terror. O réxime funcionaba a varios niveis. De un lado os funcionarios blancos tiñan un soldo base irrisorio que só se complementaba cas coutas de producción. É decir que incluso para gañar un sueldo decente tiñan que explotar ós negros, e para gañar un sueldo bo, xa non che digo nada. En canto ós traballadores negros, en teoría cobraban o sueldo sobre unha parte ínfima do valor do caucho, que aínda por riba estaba fixado polo estado e era totalmente ficticio.

De outro lado estaba a “Force publique” unha especie de policía de campo de concentración, mandada por oficiais brancos que reclutaban ós soldados á forza (comprándollos ós xefes tribais por unha botella de xinebra ou simplemente secuestrándoos) nas aldeas que tiñan que servir un mínimo de 7 anos (semella moito a hoxe en día cando as guerrillas e as contras africanas raptan a nenos para reclutar carne de cañón, como se ve, xa todo está inventado). A force publique encargábase de expedicións punitivas a aldeas que se escaqueaban do traballo, incluíndo estas queima de casas e incluso mutilacións (mira ti de donde viña esa fea costumbre africana). Outras tácticas de rendemento empresarial incluían: tomar coma rehéns a familias enteiras fixando o rescate en cuotas de caucho; exhibir as partes do corpo mutiladas como estímulo laboral; fustigacións públicas, etc… Recordemos que todo esto foi realizado baixo as ordes de oficiais brancos. Estes prometíanlles ós soldados negros reduccións do servicio a cambio de cuotas de máns e carallos amputados. Moi civilizado si señor.

Finalmente, como non podía ser de outro xeito, as barbaridades chegaron á prensa, aínda que xa no século XX, e por moi negros que foran, o home blanco tamén ten o seu corazoncito e as protestas internacionais, entre elas a publicación de “o corazón das tinieblas” de Joseph Conrad (Apocalypse now), e internas forzaron a Leopoldo á disolución do estado libre do Congo e a formación do Congo Belga, que pasou oficialmente ás mas do estado Belga, aínda que o rei de bélxica seguía sendo o xefe de estado. Protestas internacionais, pero recordemos que por razóns maioritariamente comerciais, xa que o caucho belga era unha seria competencia para o reino unido francia e alemania, que tampouco se andaban con chiquitas nos seus respectivos patios traseiros. Esto foi en 1908.

Resumen, que entre 1875 e 1908 estímase que faleceron entre 5 e 22 millóns de congoleses a conta da represión belga. Tede en conta que incluso a estimación conservadora de cinco millóns non deixa de ser unha burrada de xente (unha cuarta parte da poboación aproximadamente).

O recén formado congo belga, trala mala publicidade tentou de lavar un pouquiño a cara que quixo pasar a ser unha “colonia modelo”. O imperialismo salvaxe derivou en colonialismo paternalista. Tendo en conta os antecedentes a cousa cambiou bastante, pero seguía sendo unha explotación inmoral. Polo menos aínda montaron algún que outro hospital para manter a fachada de chachi-guai.

Nese panorama naceu, no seo dunha familia católica, en 1925 Patrice Lumumba. Patrice era membro da tribu Tetela e recibiu unha educación privilexiada para os baremos congoleses. Xa de pequeño lía ávidamente libros sobre, a revolución francesa (especialmente a revolución haitiana, o primeiro estado moderno negro da historia), a revolución rusa e tamén a americana. Primeiro visitou unha escola primaria protetante, despóis foi á secundaria a una misón católica. Estivo traballando de oficinista nunha empresa mineira e foi durante un breve período periodista en varios xornais. Posteriormente entrou na escola de funcionarios de correos e en 1954 recibe a carta de “matriculado” honor raramente outorgado a africanos. Foi preso en 1955 por razóns que non están moi claras, ó parecer unha malversación de fondos, da que foi finalmente absolto e ese mesmo ano ingresa, xunto a outros notables congoleses no Partido Liberal Belga. Ahí con trinta anos, coma Xesucristo, empeza a súa vida pública, que trataremos con profusión na segunda parte.

0 comentarios:

Fotos Do dia