martes, 23 de marzo de 2010

En que gasta Grecia os euros

Parece que os neoliberais puxeronse outra vez de moda,

Cando fai menos dun ano estaban agachados intentando encontrar algun pariente Keynesiano inda que fora primo terceiro por parte de tia avoa que lles solucionase os problemas e nacionalizase todo o nacionlizable xa que as veces os mercados teñen falliños, agora coa papeleta solucionada envalentonanse outra vez demonizando o gasto excesivo dos estados.

Por casualidade chegou as miñas mans o Ranking de gasto militar no ano 2009 do SIPRI

Non lle din mais importancia parecia que todo cadraba como principal importador estaba a India (pensei eu normal potencia nuclear con 1000 millons de hab. e en pseudoguerra cos veciños), na columna de maiores exportadores, nada sin sorpresas USA primeiro e Rusia Segundo.

O informe era bastante aburrido, pero non tiña moito mais que facer e continuei indagando. No terceiro lugar apareceu Alemania e cal foi a miña sorpresa o observa-la composicion deste gasto

Grecia presentase como o segundo cliente de Alemania e o terceiro de Francia, parece un pouco incrible que un pais coas dificultades financieiras que esta pasando, represente o 13% das importacions de Alemania e que dende o 2008 o 2009 o pais pasou de estar no posto 15 a estar no cuarto posto mundial de importacions de armas

Pero o mais sorprendente e ninguen nombrou este pequeniño detalle no plan de axuste das finanzas Gregas,

O cliente sempre ten a razon

0 comentarios:

Fotos Do dia