jueves, 10 de mayo de 2007

Qué carallo é Galiza?

Galicia é un país curioso, cando menos. Ou directamente raro. Retorcido dende logo. Si España é, tradicionalmente, o país de putas e camareros, como podemos nós ir pola vida sendo mariñeiros e labregos. Mentira. Somos tan putas e camareros como o resto. De feito, máis. O que pasa é que nos, as putas e os camareros exportámalos. De tantos que temos. E os que quedan son mariñeiros ou labregos. Si algunha vez se dixo algo de nós que sexa certo, é que temos o que nos merecemos. E aínda diría máis, temos o que queremos. E o día que queramos outra cousa, as portas do mundo abriránsenos de par en par. Pero ata entonces, o que non chora non mama. E tamén somos unha sociedade donde o jilipollas é o que acaba cortando o bacalo. Mellor dito o cafre. Porque individualmente somos moi bichos pero colectivamente somos unha panda de inútiles. Eso xa llo avisou Solón ós atenientese cando Pisístrato iba a facer o seu Militärputsch. Ni puto caso. Matemático. Somos cenutrios de coidado. Mirade outra cousa, por exemplo, temos ó noso William Wallace particular, o mariscal Pardo de Cela axustizado polos reies católicos. Que de non ser polo seu martirio e un panegírico popular que lle dedicaron no século dezasete, daría máis pena que o vaquita e o torete xuntos. E se me apuras tamén o dioni. Que o mariscal era un puto caco salteador de camiños, joder. E o que realmente cortaba o bacalao, o que tiña unha axenda política, o que, para os estándares da época, se mollou pola xentiña, feos sen dentes e leprosos, polos mariñeiros e os labregos ou putas e camareros se o preferides, foi Ruy Xordo, e tamén, máis tarde Alonso de Lanzós. Que en contra dos seus intereses de clase, pois eran fidalgos, foron líderes da primeira e a segunda guerra dos irmandiños. A primeira das guerras campesiñas de Europa (máis tarde extenderíanse a alemania e outros países europeos). E ahí o vedes que non se acorda del nin su puta madre (que probablemente o foi) aínda que seguira viva despois de 500 anos. E se de tódalas figuras principales que saíron de esta miserenta terra, incluíndo a ó emperador de Roma Teodosio ó heresiarca prisciliano, a súa discípula Exeria á que o sobrio asceta tiña a ben trincar de vez en cando, ó historiador Paulo Orosio, a san Pedro de Mezonzo compositor da Salve Regina, ós poetas Airas Nunes, Eans do Cotón, Pero Meogo, Mendiño, Martín Códax e Macías o namorado, ó xenial Mestre Mateo ó rebelde Ruy Xordo, ó condottiero Pedro madruga, ó altivo bispo Xelmirez, ós non menos altivos Fonseca I, II e III, a Andrade o bo e os seus jabalís, ó conde de Monterrei, ó de Lemos, á desventurada e triste dona Xohana de Castro que foi raíña de Castela por unha soia noite morna de verán e á súa irmán Inés que tamén foi raíña de Portugal despóis de morta, asesinada por tres sicarios, ó seu irmán Fernando que palmou como un can no exilio, por jilipollas e manter a súa lealtade de samurai a un rei que lla chupaba, literalmente, a Rosalía, a Curros e a Pondal, a Alexandre Bóveda, fusilado polos fachas a cara perro con un par de collóns podendo ter fuxido a Portugal; se de todos estos, e algúns dos que me olvido, que Castelao fixo desfilar na súa obra magna cual Santa Compaña, comitiva de difuntos, o povo, na hagiografía popular escolleu a dous como pai e nai da patria, foron Rosalía e Castelao. Que debe de ser o único que fixemos ben dende que nos invadiron os putos suevos. Os alemáns teñen a Bismarck, os italianos a Garibaldi, os franceses a Napoleón, os ingleses a Oliver Cromwell ou á puta reina Victoria e os Mongoles a Genghis Khan. Militares, estadistas, señores da guerra. Todos cas mans cheas de sangue, uns máis e outros menos. Pero nós temos a unha poetisa tuberculosa e a un dibuxante miope. Ole nuestros huevos. Que co-jo-nes. Ó final, pode que o mellor epíteto que se lle aplicara xamáis a Galiza sexa o de Antón Reixa: Galiza caníbal Basta de ralladuras por hoxe. Enfermera! tráigame los antidepresivos y el valium, por favor.

0 comentarios:

Fotos Do dia