Andan desquiciados últimamente. A Última de Marlaska, ten tela. Redada de GRAPOS, ata ahí nada novo. Pero escoitando a radio onte en Vigo quedei cos ollos como platos.
Deteñen a un tetrapléxico dende 1980 que leva 20 anos traballando no caseto da ONCE de Porriño acusado de pertenecer ós GRAPO. Concretamente a acusación é de proselitismo.
A cousa é a seguinte. O home, Jose Luis Fernandez Gonzalez, fóra dos GRAPO, pegáronlle un tiro no ano 1980, en circunstancias un tanto sospeitosas (un compañeiro del morreu), estivo 3 anos preso e foi indultado por minusválido.
Pero vaia… canto máis o miro menos xeito ten. Onte aparecen os GEOS en Sardomá para levarse ó tío. Encerran á muller no faiado mentres LITERALMENTE desvalijan a casa. O home dedicábase, no seu tempo libre, a repartir entre os presos ademáis de outras cousas, libros. Posuía, ca sua muller, unha biblioteca considerable, de máis de 8000 volúmenes. E como o home era Marxista Leninista da vella escuela, pois lóxicamente moitos libros tratarían ese tema. Leváronlla toda. Nun monovolúmen foi el e noutro foi a biblioteca. Dereitiños para Madrid. Jose Luis levaba facendo esto anos, a que ven este espectáculo lamentable ahora? (supoño que en certo modo motivado pola cercanía das eleccións). Se esto non é un arresto político… pois eu xa non sei máis, que veña Nelson Mandela e o redefina. Esperemos que a cousa quede en nada, pero o mal xa está feito.
Aqui tedes a noticia:
http://actualidad.terra.es/articulo/trasladan_madrid_vigo_2198690.htm
0 comentarios:
Publicar un comentario