Redacción . O mesmo día que pecha a mina das Encrobas, saen máis voces de alerta sobre os fins ocultos tras os lagos artificiais.
Segundo sosteñen, a imposibilidade de desactivar os frontes de mineral e a permanencia de ladeiras hiperácidas que quedarán asolagadas, suporá que o período real de vixencia das actividades recreativas será breve.
Con esta perspectiva, e tendo en conta e a “insistencia en abordar o proxecto de forma inminente e dispor do lago en 4-5 anos”, a agrupación sospeita que “o que realmente se quere facer é favorecer o traslado da celulosa de Ence ás Pontes”, botando despois os seus verquidos ao lago.
Medio Ambiente di que decide a empresa
Dende a Consellaría de Medio Ambiente recoñecen que As Pontes é un dos lugares que están riba da mesa como presunto destino de Ence, aínda que sosteñen que é a empresa a que debe decidir a ubicación, para que despois a Xunta o acepte ou non.
Ríos en perigo
Outro dos problemas, que comparte tamén o proxecto de lago artificial que se deseña para Meirama, deriva da captación de auga para encher o lago. No caso das Pontes, sería do río Eume e no caso das Encrobas, do Barcés. Os ecoloxistas advirten dos perigos que estes transvases suporían para a fauna e flora ribeiriña.
0 comentarios:
Publicar un comentario