Estes días tiven a oportunidade de de ver na sexta algúns capítulos da serie esta. Quedeime cos ollos como platos. É a cousa máis alucinante que vin en tempo. Aparte de fascista (non vou a decir que encuberto, porque nin sequera se molestan moito en encubrir), é un producto propagandístico casi perfecto. a serie en cuestión trata dunha especie de unidade ultra secreta do exército ianqui (algo así como os Delta Force) que se dedica a faser misións encubertas que calquera consideraría de guerra en países “malosos”. Hasta ahí nada novo. Xa o temos visto. e tampouco é que se pasen tres pueblos, que o fan, porque outros tamén o fan, volvo a decir, neste aspecto nada novo. A diferencia é que non maquillan certos aspectos que a calquera que non tivese o sentido da xustiza e humanidade ofuscado ola FOX news lle horrorizaría. A min polo menos ponme os pelos de punta. E ademáis o seu marcado tono propagandístico que faría as delicias do Reichspropagandaminister Joseph Göbbels. Explícome:
1 O soldado americano como o máximo expoñente da ciudadanía americana. A serie fai unha clara distinción entre “civiles” que á súa vez se dividen en dous: “pacíficos”que están ahí de decorado de fondo e “traidores antiamericanos (enténdase liberales) ou “delincuentes” que serven para facer un retrato do enemigo externo. E polo outro lado están os militares e as súas esposas. Sóe haber duas tramas na serie, unha é a que sucede na casa, cas esposas de protagonistas nas que os normalmente “traidores” e “delincuentes” fan das súas e os “militares arreglan o deaguisado ca casual intervención de algún “pacífico”. A outra é cando os cowboys sáen por ahí de farra matando malos.
Mensaxe 1 de Georgie: Alístate ó exército
2 A xerarquía. Aquí xa se complica a cousa. Hay un dualismo que si un se fixa ben está moi xustificado. Por un lado está a obediencia cega ós mandos da “unidad”, ó jefazo da da base e ó coronel que é o que manda cando están por ahí “desplegados” (como me gusta este palabro). Estes fan e desfan na vida privada dos seus homes. Pero a que máis corta é a gorda, copia de Oprah Winfrey, muller do susosdito coronel que controla ó dedillo a vida de tódalas outras esposas e adoctrínaas no cega obediencia á unidade. Vamos, cadena de mando. Todo moi ben. O curioso ven cando se sobrepasao o nivel de mando cara arriba, o alto mando. Ahí son todos uns jilipollas que non saben o que é andar por Irak cunha metralleta. Eso exténdese á CIA e ó FBI. Claro que non lles cuestionan o porqué teñen que ir os sitios e faser cousas. Porque eso xa se supón que é deber patriótico que ven de arriba de todo (Georgie?). O que fan é mandar ós superiores á merda cando lles votan a pirula por entrar como elefantes na cacharrería. En casi todos os capítulos o xefe engaña ou manda a freir espárragos ós xenerales que lles veñen a pedir contas polas animaladas que fan. Por suposto os xenerales son uns fulanos estirados de West-Point da alta sociedad que nunca pisaron un campo de batalla. Mentres que os soldados e os mandos intermedios son do povo chan. Os mandos intemedios son uns seres venerables cheos de humanidade e sentido común que estiveron na primeira guerra do golfo ou incluso na de Vietnam.
Mensaxe 2 de Georgie: Cando te alistes, obedece, e non fagas caso cando desimos que non se poden faser animaladas. Eso só é para que os europeos estén tranquilos. Cando fagades satanadas, xa vos cubrirá o voso inmediato superior.
Mensaxe 2.bis de Georgie: Este é o teu exército, o do home pequeno.
3 Maquiavelismo. Os malos malosos: Irak, Afghanistan, Iran. Todo xira en torno a esto. Ocasionalmente van a corea ou ó caucaso , pero o triángulo é básicamente este. Son todos malos sin absolutamente ningunha fisura, torturan, matan pola espalda e fan sufrir por pura maldad aínda que non saquen ningún beneficio. Esto era de esperar. A novidade está en que eles non son absolutamente bós. Explícome con un exemplo. O outro día nun capítulo van por un camiño de cabras por Iran co unha camioneta. Atravésaselle un pastorcillo cun mancho de cabras, un chavalín de idade indefinida entre neno e adolescente. O fulano para deixar pasar o camión rápido e apartar as cabras, pídelle cartos, como non lle dan abondo, o rapas curiosea e na parte de atrás descubre ós soldados americanos. O rapás acojónase e escapa a correr un dos da camioneta péjalle un tiro pola espalda. Pensei eu: ahora para quedar ben os americanos caeráselle o pelo ó fulano. Pero nada de ná. fixestes ben soldado. Comprometía a misión. Non se pode ser blando. (Recordo que un soldado das SS dixera unha vez en xuízo que: “non se podía ser blando na rampa de Auschwitz”) O máis acojonante é que no siguiente plano aparecen as esposas tomando café e comendo pastelitos. Tócate los guevos
Mensaxe 3 de Georgie: Os malos son moi malos, non hai que amilanarse. Habrá que facer cousas como estas pola libertade.
4 Relixion Outra vez, mellor cun exemplo. Nun capítulo a gorda cómelle a orella para rezar á filla de un dos subordinados do seu marido. A muller do soldado mosquéase porque non sei quen lle morreu de maneira chunga e xa non cree, así que lle pon as pilas á gorda e dille, pois eso, que non se lle poña a comer a orella á nena. A gorda cede e promételle que non vai volver a adoctrinar á rapasiña. Ata ahí todo ben. O rollo é que ó pouco venlle con unha especie de predicadora para que volva ó redil. Ela resístese pero ó final, cando está acojonada por si lle marido que anda por ahí pegando tiros en baluchistán reza, e cual filla pródiga, volve ó redil. NON HAY ESCAPATORIA.
Mensaxe 4 de Georgie: A dios rogando y con el mazo dando.
0 comentarios:
Publicar un comentario