Bueno, vou a pasar de caralladas e ir directamente ó grano. Vou a partir de 0. Absolutamente de 0. E vou a pasar (casi) totalmente de todo o que se fixo hasta ahora; nin adam smith nin marx nin escola austríaca nin keynes, nin moito menos milton friedman vou a faser como que non sei nada deles, porque xa hai xente que os coñece moito mellor ca eu, que non son economista.
Partamos pois dende o punto de un observador que saca unhas conclusions do que un ve actualmente, sin ter en conta o que escoita, na medida de que esto sexa posible.
Repito, que non son economista, así que se repito algo que xa se dixo fai 50 anos, que é moi posible, pois podedes achacalo á miña ignorancia, eso non me importa, o rollo é que non me desvíe por deformacions provocadas por teorías de outros, é decir que non me encasille doctrinariamente, como fan moitos que dedican a súa vida a defender o que aprendeu na facultad.
Vaiamos, antes de definir o que é o mercado, que é unha cousa complicada, ainda que hai aljún capullo que é capas de definilo con 4 palabros, a definir os xogadores.
Os xogadores deben ser pois parte de un xogo, así que definimos provisionalmente o mercado como un xogo.
Se entendemos que o mercado é unha “cousa” na que se compran e venden productos que son manufacturados por un axente que é a empresa, na que uns actores venden a sua forza de traballo que necesita a empresa para a súa manufactura ou producción, xerando un valor añadido (que se embolsa); e outros actores que mercan estes productos.
Hai pois, según observo, 3+1 xogadores, xogadores que non se deben entender como individuos, senón como situacións ou actuadores. Pero si que debemos entender como individuos ós “habitantes” destes Xogadores, salvo o 4, o goberno que é un caso especial.
Estes son:
A Empresa: Paso de definición, que xa sabedes todos o que é
O Consumidor: Pois tamén paso
O Traballador: Eculicuá
E o Bonus track:
O Goberno: Remítome a Aristóteles para definision.
A relación entre estes é a mítica gráfica de 3 círculos
Na que hay 4 zonas intermedias
Os que son accionistas, donos ou partícipes da empresa e traballadores A
Os que son traballadores e consumidores B
Os que son consumidores e accionistas C
Os que son as tres cousas á vez D
Despois falaremos do 4 xogador o goberno.
Hasta aquí probablemente todo o mundo está de acordo con esto, o problema entra cando un quere definir a relación entre estes xogadores. Ahí parte unha das grandes diferencias na “weltanschaaung” da xente, según a súa ideoloxía. Chamemoslle a estas visións, “individualistas” pos fan referencia as interaccións do mercado en función dos individuos, a parte máis pequena e indivisible do mecanismo do mercado.
Empecemos a ver a visión maioritaria, o que chamo “visión da empresa” que se pode entender como neoliberal. Visión como dixen antes, respecto ó individuo. (E recordemos que é unha xeneralización con todo o que esto implica)
1 Todos os empresarios son traballadores
2 Todos os empresarios son consumidores
3 Todos os traballadores son consumidores e se quixeran podrían ser empresarios (accionistas)
O que evidentemente nunha sóla empresa non sería certo pois hai:
A accionistas externos, que non traballan na empresa no que se incumple o 1 postulado.
B empresas que producen productos que os seus directivos ninsequera compran. E non solo estou falando de fabricantes de productos intermedios, por exemplo un fabricante de acero, senon que hai outros. Non vexo eu a paco el pocero quedandose para si os seus cutre pisos de mierda.
C Non sei cantos traballadores de McDonnell douglas teñan un avion na casa pero supoño que 0. Incluídos os mandamases.
Sin embargo esto, que a nivel de unha sola empresa non se cumple, ten bastante sentido a nivel global. Pois é evidentemente certo que:
Casi todo o mundo traballa
Todo o mundo consume
Todo o mundo podría teoréticamente ter acceso a participacións de empresas.
entón segúndo esto, o círculo real sería:
Sólo existen zonas B e D e D tende a abarcar B.
De esta visión, arranca unha parte na creencia da benevolencia e democracia do mercado pois:
1 Como o “empresario” tamén consume, produce necesariamente bos productos, que repercuten nos “consumidores” que tamén son traballadores, etc…
Este no é o argumento principal que se para afirmar a necesaria e intrínseca bondade dos productos, pois ese é o da libre competencia (da que falaremos máis adiante) pero potencia evidentemente a idea
O problema é que non fai falta ser abstemio para vender garrafón.
2 Todo individuo ten acceso a participar nunha empresa, e consecuentemente participar do seu beneficio. Esto evidentemente só quere decir que a empresa, hoxe en día é maioritariamente un círculo aberto no que se pode entrar incluso con unha cantidade relativamente modesta de capital. A participación real dos traballadores (entendendo como tal unha definición amplia) na empresa, sin embargo é totalmente neglixible, maioritariamente por dúas razóns:
A súa aportación de capital é moi pequena. A nula capacidade de intervencion derivada de esto. E os escasos beneficios.
A diferencia cualitativa da entrada na empresa. Os grandes capitais entran como fondos VIPs e os capitais modestos en fondos de inversios. Non fai falla que vos diga os chanchullos que se fan distribuindo gañanzas e perdas entres fondos de “abuelitas” e fondos “VIP”.
3 Estamos todos no mesmo bote, pois os empresarios tamén son traballadores da empresa. Esto evidentemente é pouco máis que un xogo de palabras. Non vou a entrar realmente en esto porque se me ocurren moi poucos tipos de empresa no que o empregados directivos e os “mandados” estén nun nivel medianamente comparable.
Continuara…
próximo capítulo
vision de Famio
Goberno. Intervención e non intervención